domingo, 28 de noviembre de 2010

Sortearemos sen medo as máis grandes tempestades co capitán máis amigo do mar: Manuel Antonio.

Un día destes ás doce en punto da noite, largará amarras do peirao de Setefogas o "Pailebote Branco". Achegareime puntual ó porto para embarcar; desviareime de cruces de camiños para eludir un posible encontro coa Santa Compaña dos bos e xenerosos Rianxeiros que van percorrendo fragas e camiños neboentos na súa rolda noitébrega polos lindes do pobo.  Están alporizados porque non van as cousas da Terra ó seu gusto. Vai ó mando do barco un tal Manuel Antonio ( tamén coñecido polo sobrenome de poeta do mar) . Eu vou enrrolado no navio coma rapaz d'a bordo. Tentaremos alcanzar a Armórica en tres singraduras se os ventos son favorables, e deixaremos tras noso  "Un Ronsel de Estrelas". No caso de que alguén se queira enrolar, hai : Unha praza de contramestre, cinco de mariñeiro e moitas para embarcar como xente de pasaxe. Advertimos que pode ser un viaxe sen retorno se nos mergullamos no pensamento poético do noso Capitán. Sen embargo todo tripulante terá o dereito de mandar unha carta o destiño que queira, escrita nunha folla de carballo, desde a Bretaña.

Rianxo : Ano do Señor de 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario