viernes, 26 de noviembre de 2010

Equipo do Rianxo xuvenil (1962)

Alineación: Manolo, Moncho "o Malo", Nuco, Neto, Nucho, Cuquiño (parte alta). Churrí, Comoxo, Pepe, Tomasito e Manolo (agachados

2 comentarios:

  1. Amigo Nuco: Esta é unha das poucas fotos, da nosa xuventude, que tamén conservo. Data de setembro de 1962. Cada vez que a miro tráeme á mente unha manchea de recordos. As nosas xuntanzas na zapatería de Manuel, en Rinlo, (ás que ti ías menos polo teu traballo de carpinteiro de ribeira, no taller do señor Benito) onde ideamos facer este equipo. As miñas primeiras botas de fútbol; as camisetas, que non sei de onde quitamos os cartos para compralas; os nosos adestramentos no campo do grupo escolar, onde algúns cristais caeron esnaquizados (con denuncias do director de por medio, coas correspondentes multas, que non pagábamos debido ás ben redactadas instancias na nosa defensa dirixidas ao alcalde); os nosos recorridos para avisar aos compañeiros futbolistas cando había algún partido de por medio, especialmente a Taragoña, onde vivía "o Malo" e Neto. Nunha ocasión, recordo que cando chegamos á casa deste último, vímoslle unha escopeta de balíns e pedinlle que ma deixara para ver se aínda conservaba algo de puntería (lémbroche que eu adestraba moito durante as festas de Guadalupe) e demostreille que era un fenómeno: apuntáralle a unha galiña que estaba nunha leira, algo separada, e quedou no sitio. Seguro que nese día, na de Neto comeron galiña ao forno.
    Cántos recordos e cántos amigos van alá. Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Seguro que na casa de Neto todos che agradeceron ese tiro certeiro que abateu a esa galiña que de seguro que xa non poñía.

    Eu tamén deixei no sitio un animaliño coma o teu. Foi nunha aposta haber si era quen de darlle a un fungueiro do carro. Desjrasiei a jaliña dos pitos que estaba a dous metros, deixei nove animaliños orfos. Feito que aínda oxe me bate na cocencia. Outro saúdo para tí amigo comoxo. (Non o contes por aí).

    ResponderEliminar